Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Ourense, Galicia

Alba Fernández Cotelo / Cía. Exire

Ourense (1987) Bailarina, profesora e coreógrafa de Danza Urbana e Contemporánea. Licenciada en Filoloxía Inglesa.

Formada en danza clásica no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Posteriormente se especializa en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando Martén, Ana Beatriz Pérez, Kirenia Martínez e Alexis Fernández. Completa a súa formación na Academia de Danza e Teatro Artestudio e na Asociación Cultural Manicómicos, entre outras, cursando teatro, técnicas de circo, bailes latinos e acrobacias aéreas.

Fórmase en danza contemporánea (dende 2006 ata a actualidade) en diferentes formacións intensivas impartidas por coreógrafos/as de renome a nivel nacional e internacional (Colin Sinclair, Chevy Muraday, Marta Schinca, Laura Aris, Jorge Jáuregui, Ángela Fernández, etc). Tamén cursa formacións intensivas como curso de verán en The Place (Londres), Formación Enxebre 2016, 2017 e 2019, etc.

Formada en Danza Urbana en diferentes centros e convencións nacionais e internacionais, en España e Londres. Titulada como Profesora de Danzas Urbanas pola Urban Dance Factory de Barcelona (Hip hop School, Irene Pallarés), con puntuación de Matrícula de Honra. Segue en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional (Chey Jurado, Iker Karrera, Kiko López, Bam Martin, Anthony Lee, Lizzie Wicks, Rachel Kay, Antonio León, Isaac Suárez, Karol Galindo, Irene Pallarés, etc).

Actualmente é co-coreógrafa e bailarina con Estefanía Gómez, da Compañía de Danza Urbana e Contemporánea Exire, despois de 10 anos de historia xirando por toda a xeografía galega.

Traballa como profesora e coreógrafa de danza contemporánea e urbana en diferentes centros de danza, como a Escola Municipal de Danza de Oleiros, a Escola de Música e Danza Presto Vivace, entre outros, ademais de impartir diferentes workshops e obradoiros de danza urbana e contemporánea por diferentes puntos de Galicia.

En Setembro de 2019 funda, xunto a Carmen Cotelo e Iván Doval, o Laboratorio Escénico Coop, un centro de artes escénicas situado na Coruña que se especializa na formación, creación e investigación nas disciplinas de música, danza e teatro.

www.ciaexire.com


Cómo llegar (google maps)

¿De dónde son?


Espectáculos de la Compañía en Teatro Ensalle