Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Nigrán, España

AveLina Pérez

Formada en interpretación na escola Santart. Titulada en dirección de escena e dra-maturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros.

Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (pre-mio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recentemente recibe os premios Álvaro Cun-queiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada , deformada, pero sempre presente.


Cómo llegar (google maps)

¿De dónde son?


Espectáculos de la Compañía en Teatro Ensalle