Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Santiago de Compostela, Galicia

Elvi Balboa

Elvi Balboa comenza a súa formación en danza no Conservatorio profesional de Granada aos 28 anos. Participou desde entón en numerosos proxectos creativos como Danzamatique en Granada e foi seleccionada para o Proyecto Euro-Mediterráneo Shapers da compañía francesa Ex-Nihilo coa que xirou por 7 países. No 2017 ingresa no Institut del Teatre acompañando a súa formación os seus propios proxectos escénicos como Ática en co-creación con Lucía Bocanegra, seleccionada para o Certamen Sólodos en danza, e Am I What ? a súa primeira obra como directora que participou no Certamen Internacional de Coreografía de Burgos- New York 2019 e foi seleccionada para o Certamen Coreográfico de Sabadell e Fira Tárrega.

A súa proposta artística céntrase en vehicular a mensaxe da súa propia experiencia a través do corpo e a de todos os corpos que desexan “ser vistos” como individuais, recoñecerse e ser recoñecidos máis alá da colectividade á que pertencen. É pois, mediante a linguaxe da danza, que atopa a estratexia de dar forma á necesidade de compartir, comprender e cuestionar ao individuo e ao mundo que habita.

www.elvibalboa.com


Cómo llegar (google maps)

¿De dónde son?


Espectáculos de la Compañía en Teatro Ensalle