Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

O Pino, A Coruña, Galicia

Colectivo Marciano Balboa

Coñecímonos facendo bolos uns cos outros. Diego e Pablo levan mais de 10 anos traballando xuntos, Borja e Laura mais de 5, Diego e Borja cruzáronse nos escenarios de ultranoites e obras doutras compañías desde hai mais de 15 anos, e Pablo, Laura e Borja construiron algunha vez kits sonoros e audiovisuais nas sesions HALO de Vigo nos últimos anos. Este colectivo é outra das múltiples colisións entre eles.

Diego Anido. Santiago de Compstela, 1976.
Actor e creador.
Colaborador habitual das compañías Agrupación Señor Serrano e Voadora. Traballou con Andrés Corchero (Cía Raravis) e entre 2005 e 2009 foi residente da plataforma de creación Area Tangent (Barcelona). Colabroa coa Cía. Voadora e cos outros colectivos
escénicos en Galicia.

Borja Fernández. Salcedo, Pontevedra, 1977.
Actor, creador e músico.
Colaborador habitual do grupo Chévere e a Cía. Voadora. Membro do colectivo musical Metamovida e do grupo de rock Es un Árbol. Traballou como intérprete e músico para multitude de proxectos en España e Portugal, ademais de xirar por Brasil, República Checa e Mozambique a través de festivais internacionais, intercambios artísticos e proxectos socio-culturais.

Pablo Rega. A Coruña, 1971.
Guitarrista e músico electrónico.
Participou em projectos teatrais como músico /compositor e intérprete en compañías como La Danaus (León), Chevere (Santiago de Compostela) Sociedad Dr. Alonso (Barcelona), Antigua y Barbuda (Barcelona) e Los Corderos sc. (Barcelona). Participa en diversos colectivos de Galicia de impro libre e free jazz.

Laura Iturralde. Vigo, 1984.
Deseñadora de iluminación e audiovisuais
Licenciada en escenografía e iluminación pola ESAD de Vigo. Traballa de escenógrafa, deseñadora de iluminación ou vídeo jockey con diferentes colectivos e compañías, como Trilitrate, a Orquestra Metamovida, A Artística, Borja Fernández, Prácido Domingo, ou Il Maquinario, entre outros.


Cómo llegar (google maps)

¿De dónde son?


Espectáculos de la Compañía en Teatro Ensalle