Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Lisboa

Yael Karavan & Rita Vilhena

RITA VILHENA coreógrafa e investigadora sobre a danza e movemento en actos culturais ou relixiosos en diferentes comunidades e o corpo como cultura ou lugar sacro. Bailarina profesional dende 2003, ten como principal motivación a idea de transformación e participación, movida pola intuición e o prazer. Os seus últimos traballos #VIBRA #DOR e CORPO SANTO son unha marca do seu traxecto artístico con interés en Ritual e Performance. En 2005 creou a Baila Louca improvisación e performance en Roterdam. BL naceu dun desafío individual, dar visibilidade e facer colaboracións con artistas que a inspiraban como por exemplo Meg Stuart, Vania Rovisco, Julien Hamilton, Bruno Listopad, Jeremy Wade entre moitos outros. Membro activo da practica de Contacto Improvisación, dende 2005 que facilita CI polo mundo e, co-organiza o Festival Portugal Contacto Improvisação e a Partícula Extravagante CI. É docente internacional de danza na Escola Superior de Dança en Lisboa. Licenciada na Escola Superior de Dança, Academia de Dança de Roterdam e mestra en Artes do Espectáculo, actualmente frecuenta o Doutoramento Em Artes Cénicas na FCSH; foi bolseira no Centro de Investigação Científica de Dança e Musicologia do INET- md. www.ritavilha.com/www.bailalouca.com

YAEL KARAVAN premiada performer, bailarina e directora Israelita/ Británica, xa viaxou por Europa, Rúsia, Brasil e Xapón estudando e traballando con diversos mestres na busca dunha elaboración dun método auténtico de adestramento e unha linguaxe física contemporánea de expresión que liga leste e oeste, teatro e danza. Yael ten máis de 20 anos de experiéncia con Butoh, traballando con mestres da 1a e da 2a xeración. Usando elementos do Butoh, danza, mímica, clown, teatro físico e visual, ela explora os temas de memoria, metamorfose, o invisibel e a noción de ciclos que se repiten, entrelazando ambentes oníricos con momentos de humor, equilibrando na liña fina entre o tráxico e o cómico, o íntimo e o coletivo. Actúa profesionalmente dende 1999, presentándose en teatros, festivais, así como en galerías e museos, desenvolvendo un traballo teatral e site/specific/responsive polo mundo e xa foi membro da premiada compañía Rusa de teatro físico ‘Derevo’, do ‘Mamu Dance Theatre’ do Tadashi Endo e do ’Ten Pen Chi’ da Yumiko Yoshioka entre outros. Ensina Butoh ao redor do mundo e no Fórum Dança e na Faculdade Nova de Lisboa. www.yaelkaravan.com


Cómo llegar (google maps)

¿De dónde son?


Espectáculos de la Compañía en Teatro Ensalle