La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Desde ese silencio

  • Sábado
  • 25
  • Noviembre
  • 20:00
  • Domingo
  • 26
  • Noviembre
  • 20:00

Desde ese silencio de AveLina Pérez ten un aforo reducido a 10 persoas, podes facer a reserva nesta mesma páxina.

Tamén podes chamar ó número 986 485 609 pero por este medio só se poden facer reservas ata o día venres 24 de Novembro ás 14:00.

Sinopse (ou o que sexa) :
ELA diríxese directamente a TI, sen piedade e sen tregua, procurando que as palabras agochen, por un momento, o inevitable: a visión nítida do mundo.

Ficha artística

Dirección e texto: AveLina Pérez
Son e imaxe: Jesús Tejada
Colaboran: Cena Lusófona e Teatro Ensalle

AveLina Pérez

AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.

Más info