¡Continuaremos con la programación en Enero 2018!

Eila

  • Viernes
  • 1
  • Junio
  • 22:00
  • Sabado
  • 2
  • Junio
  • 22:00
  • Domingo
  • 3
  • Junio
  • 21:00

E I L A é un espectáculo que nace a partir de poemas de Rosalía de Castro musicados por Davide González e dirixido por Vanesa Sotelo.
Unha obra de arte anónima acorda nun almacén esquecido e que¬re coñecer a súa identidade: Quen é? A quen pertence? Cal é a súa memoria? Cal é a súa intimidade?
Coa intención de ir alén do recital, Eila propón unha peza híbrida na que o movemento, a música e a palabra se funden coa intención de desvelar a memoria das voces anónimas que nos habitan e rescatar os referentes que nos envolven.

Ficha artística

Davide González.
Direción e dramaturxia: Vanesa Sotelo.
Música orixinal: D. González.
Iluminación: Raúl Giraldo.
Creación audiovisual: Lucía Estévez.
Espazo escénico: Incendiaria.
Poemas: Rosalía de Castro.
Imaxe Múller Núa: Ovidio Murgía.
Fotografías: Manuel Estévez e L. Estévez.
Agredecementos: Auditorio Municipal de Cangas, Carmen Costas, Xavier Castiñeira, Joan Giralt, Manuel Xestoso, Fran Godón e ESAD de Galicia.

Incendiaria

Incendiaria é unha plataforma artística nacida en 2014 que fundamenta o seu traballo na investigación escénica. Despois de Memoria do incendio (2014) e Contramateria (2016), Eila (2018) é o primeiro espectáculo profesional do colectivo.

Sitio web: https://davidegonzalezlore0.wixsite.com/incendiaria

Saber más