Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

O estado cru

  • Viernes
  • 31
  • Mayo
  • 22:00
  • Sabado
  • 1
  • Junio
  • 22:00
  • Domingo
  • 2
  • Junio
  • 21:00

Secar as dúbidas ao sol
abertas en canal
a peito descuberto

Coa valentía de asumir os restos
e as súas arganas

Non ser a mesma
mudar a codia
que envolve a espiña atravesada no peito

Coa franqueza de facerme vulnerable ás sombras
e habitar constantemente un corpo ingrávido

Na véspera da devastación

O tempo é mentira

Ficha artística

Creación e interpretación: Iria Sobrado
Texto vertebral: Luís C. Mendes
Outros textos: John Berger, María Alcantarilla, Gareth Evans, Iria Sobrado
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Vídeos: Alexandre Fernández
Colaboran: Rectoral de Amandi, Acacia Flores, Floristería Embora, Floristería Fiuncho, Lilas Floristas, Floristería Celtiflor, Ana Flores.
Vídeo: MM
Agradecementos: Camilo Franco, Fundación Luis Seoane, Área de Cultura de USC, Mercedes Rosón, Marcos Martínez, María Gutiérrez, Coralie Yap-Chine, Anna R. Figueiredo, Rubén Urdime, Pepe Galán, Salvador del Río, J e Helena.
Produce e distribúe: Primer Beat Producción

Iria Sobrado

Interpretou os papeis de Juana en “Diario dun skin” e de Ánxela na primeira temporada de “Avenida de América”. Con experiencia en teatro e performance desde 1999, foi bolseira de arte dramática e axiña comezou a aparecer en curtametraxes como “Curling” (Andrés Rosende 2003), e como actriz de reparto en teleseries e telefilmes. Ademais de protagonizar as curtas “3 millones” (Raquel García 2004) e “Etcétera” (Pachi Baranda 2007), tamén ten traballado ocasionalmente en publicidade.

Formación específica: Espacio Aberto 2002-2005, Escola de formación de teatro e danza dirixida por Carlos Neira. Curso “Preparación física do actor” (C.Neira 2005-07). Curso “Cabaret” (Á. Burgos e L. Santamaría 2006). Curso “Claqué” (Rubén Sánchez 2005). Curso “Body percusión” (R. Sánchez 2005). Curso “Performance dynamics” (Johnny Melville 2004). Curso “Teatro de la escucha” (Moisés Mato 2004). Curso “Contact” (Marco Regueiro 2004). Curso de verán “Teatro e cinema. Por unha achega interartística” (USC 2003). Cursos de clown (2000, Néstor Muzo e Jouse García). Seminario “La vía láctea” de Luís Buñuel (USC 2000). Seminario “Interpretación Teatral” (Alfredo Rodríguez 1999). Escola de Teatro “Nove-Dous” (O Carballiño 1997).

Saber más