Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Seiscordas Galicia

, , ,

  • Viernes
  • 25
  • Octubre
  • 22:00
  • Sabado
  • 26
  • Octubre
  • 22:00
  • Domingo
  • 27
  • Octubre
  • 21:00

Seiscordas Galicia é un programa especial no Teatro Ensalle comisariado por Sólodos coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea.

Compañías participantes e espectáculos:
·Colectivo Glovo “Mapa”
·Elvi Balboa “Ática”
·Alba Fernández Cotelo · Cía Exire “ON”
·Alejandra Balboa “Do you understand anything? I try…”

Coa participación especial do DJ Jas Processor na xornada do día 27 co espectáculo creado especialmente para a ocasión, dirixida por Erick Jiménez: Caterva.

As compañías participantes de creadoras galegas foron seleccionadas como finalistas nas pasadas edicións do Festival Sólodos En Danza que se celebra en Ourense desde 2016 no mes de novembro, dentro do programa do seu Certame de Creación de Dúos e Solos.

SóLODOS En Danza é un Festival e Certame de Creación de Dúos e Solos de danza contemporánea que se celebra en dous continentes. O Festival traballa como unha plataforma que favorece e apoia o intercambio e cooperación entre proxectos socioculturais en Europa e América.

SóLODOS En Danza xenera mobilidade e colaboración entre institucións públicas, empresa privada, artistas, festivais de danza, proxectos medioambientais e sociais relacionados coa cultura.

Ambos Festivais a cada lado do Atlántico funcionan como unha ponte que permite o encontro e a mobilidade de artistas europeos e americanos, facilitando proxectos artísticos, residencias de creación, colaboración e a visibilidade de novas creadoras a través do seu Certame de Creación.

GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA
É un proxecto de distribución e difusión de Manu Lago que, desde 2016, reúne a moitas das compañías de danza contemporánea de Galicia ou de creadoras galegas como son Licenciada Sotelo, Janet Novás, Pisando Ovos, Sólodos, Paula Quintas e Marta Alonso · Traspediante, Mikel Aristegui, Prácido Domingo, Fran Martínez, Diego M. Buceta, Colectivo Glovo, etc.
Tamén dá soporte a festivais como Danza no Claustro, Sólodos En Danza Costa Rica, Sólodos En Danza Ourense e Corpo(a)terra.

Ficha artística

Mapa · COLECTIVO GLOVO
Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira.
Musica orixinal: Armand Amar e Sydney Bechet
Vídeo: CRO ATAN
Deseño gráfico, web e edición vídeo: Manu Lago
Co soporte de Galicia Danza Contemporánea.

ON · ALBA FERNÁNDEZ COTELO · CÍA EXIRE
Dirección, creación e Interpretación: Alba Fernández
Fotografía e vídeo: Raquel Castro
Asesoramento artístico: Bárbara Monteagudo e Carmen Cotelo
Produción e Distribución: Artestudio Xestión Cultural

Do you understand anything? I try… · ALEJANDRA BALBOA
Creación e Interpretación: Alejandra Balboa

Ática · ELVI BALBOA
Creación e intérpretes: Elvi Balboa e Lucía Bocanegra
Produce: Elvi Balboa

 

Vídeo MAPA - Colectivo Glovo

Vídeo ON - Alba Férnadez Cotelo / Cía. Exire

Vídeo ÁTICA - Elvi Balboa

Alba Fernández Cotelo / Cía. Exire

Ourense (1987) Bailarina, profesora e coreógrafa de Danza Urbana e Contemporánea. Licenciada en Filoloxía Inglesa.

Formada en danza clásica no Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña. Posteriormente se especializa en Danza Contemporánea baixo a docencia de Armando Martén, Ana Beatriz Pérez, Kirenia Martínez e Alexis Fernández. Completa a súa formación na Academia de Danza e Teatro Artestudio e na Asociación Cultural Manicómicos, entre outras, cursando teatro, técnicas de circo, bailes latinos e acrobacias aéreas.

Fórmase en danza contemporánea (dende 2006 ata a actualidade) en diferentes formacións intensivas impartidas por coreógrafos/as de renome a nivel nacional e internacional (Colin Sinclair, Chevy Muraday, Marta Schinca, Laura Aris, Jorge Jáuregui, Ángela Fernández, etc). Tamén cursa formacións intensivas como curso de verán en The Place (Londres), Formación Enxebre 2016, 2017 e 2019, etc.

Formada en Danza Urbana en diferentes centros e convencións nacionais e internacionais, en España e Londres. Titulada como Profesora de Danzas Urbanas pola Urban Dance Factory de Barcelona (Hip hop School, Irene Pallarés), con puntuación de Matrícula de Honra. Segue en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional (Chey Jurado, Iker Karrera, Kiko López, Bam Martin, Anthony Lee, Lizzie Wicks, Rachel Kay, Antonio León, Isaac Suárez, Karol Galindo, Irene Pallarés, etc).

Actualmente é co-coreógrafa e bailarina con Estefanía Gómez, da Compañía de Danza Urbana e Contemporánea Exire, despois de 10 anos de historia xirando por toda a xeografía galega.

Traballa como profesora e coreógrafa de danza contemporánea e urbana en diferentes centros de danza, como a Escola Municipal de Danza de Oleiros, a Escola de Música e Danza Presto Vivace, entre outros, ademais de impartir diferentes workshops e obradoiros de danza urbana e contemporánea por diferentes puntos de Galicia.

En Setembro de 2019 funda, xunto a Carmen Cotelo e Iván Doval, o Laboratorio Escénico Coop, un centro de artes escénicas situado na Coruña que se especializa na formación, creación e investigación nas disciplinas de música, danza e teatro.

www.ciaexire.com

Saber más