ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por 4 bailarinas que parte do desexo de habitar o límite. Explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: o momento no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. Propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dese territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir, transformada.
Nunha proposta dancística dinámica e enerxética as catro intérpretes se moven na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben o que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O derradeiro respiro antes do salto.
Nese intre, entre o derrube e o renacemento, nace ALÉN.
Ficha artística
Dirección e autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira Coreografía: Esther Latorre Repetidora: Estefanía Gómez Interpretación: Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández Asesoría de movemento (danza tradicional): Iván Villar Espazo sonoro: José Pablo Polo Espazo lumínico: Xacobo Castro Vestiario: Adolfo Domínguez Fotografía: Sabela Eiriz Produción: Hugo Pereira · Colectivo Glovo Coprodución con: Centro Coreográfico Galego · Axencia Galega das Industrias Culturais · Xunta de Galicia · Colectivo Glovo · Teatro Ensalle · Concello de Lugo · Concello de Ames · Seattle International Dance Festival · Teatro de Vila Real (Portugal) · Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal).


