Composto por Marcos Escobar e Elena Vázquez nos violíns, David López na viola e Alejandro Costas no violoncello, este cuarteto de cordas creouse en Vigo no ano 2016.
O xurdir do cuarteto Dumka respondeu ao desexo dos seus membros de investigar e desfrutar da riqueza musical do repertorio que existe para esta formación.
O seu repertorio é amplo e diverso, abarcando dende o barroco ata composicións do século XXI, o que reflicte a súa versatilidade e compromiso coa exploración musical.
Dumka colaborou con destacados músicos vigueses do eido clásico como Berta Fresco (Ensemble Kuraia), Felipe Agell (Cuarteto Caramuxo), ou coma neste caso, a violoncellista Margarida Mariño (Cello&Electronics), enriquecendo aínda máis a súa experiencia e coñecemento.
Vigo
Cuarteto Dumka

Get Directions

