La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Santiago de Compostela, A Cruña

Iria Sobrado

Iria Sobrado é unha artista galega nacida en 1979. Compostelana de adopción_ e de corazón_ é actriz de teatro e televisión e a súa proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras.
Licenciada en Matemáticas e formada en teatro e performance, desenvolve a súa carreira artística con compañías como Nut Teatro, Churras e Ibuprofeno Teatro. Os seus traballos máis performáticos asínaos como Iria Sobrado.
Amante do risco, aposta, na actualidade, por propostas que procuran unha conexión directa co espectador e unha exploración da intimidade.
Algunhas das súas performances son “O estado cru”, “Brinde”, “Titania” ou “A espera (Reclamando a Clitemnestra)” e presentáronse en festivais como “Fóra do Mapa” de Ferrol, FIOT de Carballo, Festival Internacional “Kerouac” de poesía e performance de Vigo, “Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas”, “Ciclo de performance da Facultade de Belas Artes de Teruel”, “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, etc.
Foi candidata a finalista nos Premios Max 2017 como actriz secundaria por “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, espectáculo co que xirou por todo o Estado Español dentro da Red de Teatros Alternativos.
Como actriz de teatro participou nos festivais “Escena Contemporánea” de Madrid, “Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos” de Alicante, “Mostra do Cariri” do Crato (Brasil), FITEI do Porto (Portugal), “15 Janeiro de Grandes Espectáculos” de Recife (Brasil), etc.
Como actriz de televisión foi coprotagonista durante 8 temporadas de “Pazo de Familia”, actriz secundaria en “Viradeira”, actriz e colaboradora en “Land Rober” e “Tourilandia”, da TVG. Ademais participou en numerosas curtametraxes.
Formouse como actriz e performer con Nuno M. Cardoso, María Roja e Alba Blanco, John Strasberg, Andrés Lima, Alfredo Sanzol, Teatro en Vilo, Vicente Fuentes, Benito Zambrano, Alfonso Zarauza, Rosa Estévez, Víctor Duplá, Ruth Balvís, Carol Mendelsohn, Thomas Leabhart e Kónic Thtr, entre outr@s
Gústanlle os fogos de artificio e a poesía, o mar, a calor e o salitre.
É feminista.
Ama, por riba de todas as cousas, á súa filla Helena.


Get Directions

De dónde es


La compañía en Teatro Ensalle