A súa exploración dos límites sonoros e estéticos do violoncello levárona a experimentar con xéneros onde o seu instrumento non é tan común. Ten unha decena de traballos publicados ecolaboracións con distintos proxectos, entre os que destacan tres albums co multiinstrumentista Fernando Barroso, ou coa banda Måi (pop), co quinteto Límbico (jazz) , ou co trío de música contemporánea Eixos Cromáticos. No 2008 foi galardoada co dúo Treme polo premio Música Xove á Mellor Banda Galega. No 2020 presenta o seu primeiro traballo en solitario Cello&Electronics, fusionando o cello clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica.
Dende entón ten percorrido escenarios dende Delft ou Rotterdam ata o Teatro Colón na Coruña, Teatro Barakaldo ou o Auditorio Conde Duque en Madrid. No 2024 recibe o galardón a Mellor Directo na Sala La Paloma de Barcelona, dentro do Thinking Music Festival e en marzo do mesmo ano foi convidada polo festival norteamericano New Directions.
Na actualidade segue a desenrola-los seus proxectos mais persoais como a composición paracine/audiovisual, así coma o dúo de ambient e electrónica que ten xunto o productor asturiano Alex Aller, Transmutation.
Vigo
Margarida Mariño

Get Directions

