A Orquestra Galega de Liberación (OGL) é un colectivo artístico formado por unha vintena de músicos e artistas residentes en Galicia, comprometidos co uso das artes de vangarda e a improvisación como ferramentas de creación espontánea e exploración. Este proxecto, en constante evolución, reúne a intérpretes cunha sólida traxectoria internacional en campos como a música clásica e contemporánea, o jazz, as músicas de vangarda, a danza e a performance.
Ao longo da súa curta traxectoria, a OGL publicou tres discos nos que toda a música foi composta en tempo real empregando técnicas de vangarda como o Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicada á composición en directo. Este enfoque creativo non só reflicte o seu carácter experimental, senón tamén o seu interese por empregar a arte como medio transformador das realidades sociais. A OGL é un proxecto consolidado e profesional, pero aberto e en construción permanente ao mesmo tempo.
A día de hoxe, formaron parte da OGL artistas como: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, LAR Legido, Quiné Teles, Naima Acuña, Miguel Cabana, Javier Pereiro, Gileno Santana, David Lojo, Olivier Cano, Joao Pedro Brandao, Xosé Miguélez, Pablo Añón, Diego Alonso, Rosolino Marinello, Andreia Santos, José Luis Miranda, Lolo Martínez, Mariana Dionisio, Rubén Fernández, Sheila Patricia, Mané Fernandes, Antonio Bravo, Manuel Cebrián, Elena Vázquez, María José Pámpano, Macarena Montesinos, Saúl Puga, Carlos Freire.
Na liña de traballo con Danza Contemporánea e Artes do Movemento, seguimos colaborando con Kirenia Martínez, Paula Quintas, Alba Fernández, Arturo Nono, Estefi Exire, Alfredo Pérez e Raquel Ferradás


