La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Transparentar

  • Sábado
  • 13
  • Junio
  • 20:00
  • Domingo
  • 14
  • Junio
  • 20:00

TRANSPARENTAR é un espectáculo de danza-teatro da compañía a ENÉSIMA, no que se formula unha pregunta principal: A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Trátase dunha peza creada por dúas artistas da Xeración Z, Bal Castro e Inés Santos, na que exploramos a través da poética corporal e cunha linguaxe desenfadada e irónica, outras cuestións como: Que é ou por que se caracteriza esta xeración? O sufrimento individual é colectivo e interxeracional? Somos nós quen estamos esgotados ou é o sistema?
Estas preguntas teñen algo en común: a chamada Xeración Z ou Xeración de Cristal, formada por persoas nacidas entre finais dos anos noventa e comezos dos 2000. A frustración xeneralizada debido a que o futuro polo que apostar é cada vez máis incerto fai que tamén se nos denomine a Xeración Esgotada. Sen forzas para loitar e sen forzas para sacrificarse. A xeración actual de xente nova é a primeira que fala e expón a necesidade da saúde mental, entrando no debate de se realmente somos fráxiles ou se facemos transparente o sistema e todas as súas carencias.
Créase así un espazo de diálogo e diversión que conecte a diferentes xeracións e que poida axudar ao público a viaxar por distintas atmosferas, desde o artificial ata a introspección e a liberación.
Proxecto producido no El Palacio. Residencias Artísticas e Acción Cultural, financiado pola Fundación Municipal de Cultura, Educación e Universidade Popular do Conce lo de Gijón/Xixón, e polo Colectivo RPM de Galicia dentro das Residencias Paraíso.
“SOMOS FRÁXILES OU TRANSPARENTES?”.

Ficha artística

Creación e interpretación: Bal Castro e Inés Santos. Axudantía artística: Compañía VacaBurra (Gena Baamonde e Andrea Quintana) e Xían Martínez. Técnico en xira: Javier Castiñeira. Deseño de iluminación: Javier Castiñeira. Espazo sonoro: BABYKATZE e David Lois. Escenografía e vestiario: Enésima. Fotografía e video: Pablo R.Albalá. Co apoio de Colectivo RPM e El Palacio Residencias Artísticas Ayuntamiento de Gijón.

Vídeo

  • Sábado 13-06-2026 20:00
  • Domingo 14-06-2026 20:00
Reservar entradas

Enésima

1.adj. Número indeterminado de veces que se repite unha cousa
2.mat. Que ocupa o lugar de orden n, indeterminado nunha serie: enésima potencia.
A ENÉSIMA é una compañía centrada nas artes do movemento que nace da necesidade de explorar novos canles de comunicación artística a través de la experimentación corporal, sonora e escénica. Tras formarse na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESADg) en teatro físico e no programa intensivo de danza contemporánea e creación de Oficina Zero, Porto; Inés Santos e Bal Castro deciden unirse para crear un espacio de libertade creativa no que poder expresar as súas inquedanzas artísticas.
Deixándose atravesar pola vulnerabilidade que supón estar en escena e cuestionamiento constante de por que fago esto?
E facelo.

Más info