La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Aurora Boreal

  • Viernes
  • 14
  • Febrero
  • 20:00
  • Sábado
  • 15
  • Febrero
  • 20:00
  • Domingo
  • 16
  • Febrero
  • 20:00

En Aurora Boreal exponse a durabilidade das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada?
Aurora Boreal parte deste concepto do ser exposto ante unha sociedade de consumo fugaz, onde a atención humana cada vez é mais escasa. Como a danza que realiza a luz nas xeografías nórdicas, esas luminosidades fugaces aparentes, que só acontecen nunha época determinada do ano, cultívase a paciencia, e é tan rápida que nos deixa unha sensación de serenidade fugaz: o efémero e o cambiante, onde o obxecto é moi importante en relación co corpo a modo paralelismo ou interacción.
A maquinaria de desexo.
A intimidade do movemento.

Ficha artística

Dirección: Rut Balbís
Asesoria de movemento: Tanit Cobas
Interpretación: Paula Quintas
Vestiario: Jandro Villa
Iluminación: Octavio Más
Composición musical: Macarena Montesinos e Nacho Muñoz
Composición audiovisual: Carla Andrade
Asesoría artística: Manu Lago- Galicia Danza Contemporánea.
Distribución: Lilian Portela- AMARELO Distribución Escénica
Deseño gráfico: Fotográfica Oviedo
Foto: Fotográfica Oviedo
Audiovisual: Miramemira

Vídeos

Paula Quintas

Paula Quintas celebra o seu 10º aniversario cunha produción de sala acompañada por Rut Balbís na creación. Paula Quintas é unha compañía que produce espectáculos de formatos de disciplinas diversas, sendo a mistura a súa marca: circo e danza, adulto e infantil, solo e medio formato, sala e rúa, …
As súas últimas producións como compañía foron: O Salón dos Pasos Perdidos, 2023 coprodución con Centro Coreográfico Galego; Multiperspectivas#2, 2023; Nina Ninette, 2021; SET, 2020; Plastic, 2018; Untitle wires, 2017; Analepsis, 2017.
Como artista tamén formou parte dos equipos creativos das compañías: Node, Söa, Greta Marí, Colectivo Glovo, Pisando Ovos, Manu Lago, Pistacatro, Cía IO ou Kirenia Danza entre outras moitas.

Más info