Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Bailar agora

  • Jueves
  • 29
  • Octubre
  • 20:30
  • Viernes
  • 30
  • Octubre
  • 20:30
  • Sabado
  • 31
  • Octubre
  • 20:30
  • Domingo
  • 1
  • Noviembre
  • 20:30

Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

Ficha artística

Marta Alonso Tejada.
Autoría: Victoria P. Miranda, Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro.
Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda.
Dirección: Marta Alonso Tejada.
Asistente de dirección: Pablo Reboleiro.
Vestiario: Uxía P. Vaello.
Deseño de iluminación: Laura Iturralde.
Espazo sonoro: Xavier Bértolo.
Produción: Marta Alonso e Manu Lago.
Vídeo: Ángel Sousa.
Deseño gráfico e web: Manu Lago.
Coproduce: Centro Coreográfico Galego, Agadic - Xacobeo 2021 - Xunta de Galicia.
Colaboran: Teatro Ensalle, Concello de Nogueira, Auditorio Municipal de Ourense, Centro Dramático Galego, Galicia Danza Contemporánea, Pistacatro.

Video

Reservar entradas

Marta Alonso Tejada - Traspediante

O traballo de Marta Alonso Tejada como bailarina e creadora está ligado fundamentalmente a trasPediante, onde firma e participa en numerosas pezas.

Ademáis, traballa para outras compañías galegas como o caso de Elefante Elegante, configurando un perfil artístico multidisciplinar que desde a danza linda co teatro físico, o circo e o humor.

Combina o seu facer escénico cunha intensa labor pedagóxica na Escola de Danza Alfaia de Santiago de Compostela (www.danzaalfaia.com) da que é promotora e coordinadora; e coa dirección, dende 2011, de corpo(a)terra (www.corpoaterra.com), o festival de danza e artes do corpo de Ourense. Ademáis dirixe e promove outros proxectos culturais e docentes.

Marta Alonso Tejada é bailarina e profesora de ballet clásico titulada pola Royal Academy of Dance (Londres). Licenciada en Psicoloxía pola UAM (Madrid) e USC (Santiago de Compostela) e formada en Danza Terapia pola Fundación Maite de León (Madrid). Máster en Artes Escénicas da Universidad Rey Juan Carlos (Madrid) e selecionada polo CCG para o proxecto Tour d ́Europe des Choreographes (2010-2011) desenvolvido en Alemania, Francia, Irlanda, Galicia e Polonia.

trasPediante é o aglutinador dos traballos, individuais ou colectivos, das súas directoras: Marta Alonso Tejada, Begoña Cuquejo e Paula Quintas. Ademáis é o lugar de partida de proxectos como o Festival Corpo(a)terra, o programa de formación Enxebre ou o Entrenamento profesional de Santiago de Compostela.
Espectáculos creados pola compañía:
·Nin1mm, Dir. Begoña Cuquejo, 2009
·Habelas, Dir. Begoña Cuquejo, 2010
·Baila un vestido verde, Dir. Marta Alonso, 2010
·Baleadas, Dir. Begoña Cuquejo. Creación: Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Paulina Funes, 2011
·Corpo-cámara, Begoña Cuquejo, 2012
·Up2down, Dir. Arturo Cobas, 2015
·Planificar a caída, Dir. Begoña Cuquejo, 2015
·Ventanía, Cocreación Begoña Cuquejo e Pablo Seoane, 2016
·Analepsis, Dir. Paula Quintas, 2017
·Bailarina Oscila, Creación Begoña Cuquejo, Transmisión Sonia Gómez, 2017
·Plastic, Dir. Rut Balbís, 2018
·Nomadismo relacional, Begoña Cuquejo, 2018
·2419CJX, Dirección e Co-creación María Roja, Begoña Cuquejo, 2018
·Alma (non é hippie), coprodución Duelirium+Traspediante: Colectivo Verticalia. Dir. Rolando San
Martín, 2019
·Coco-ho, Dirección e Co-creación Marta Alonso e Paula Quintas, 2019
·Tránsito 1 / Movemento. Dirección e co-creación Marta Alonso e Paula Quintas, 2019.
·Bailar agora de Marta Alonso · Traspediante en coprodución co Centro Coreográfico Galego,
2020.
·SET de Paula Quintas, 2020.

Saber más