La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Cintaadhesiva

  • Viernes
  • 13
  • Junio
  • 20:00

O proxecto Cintaadhesiva parte dunha relación estreita cos diferentes usos da cinta americana, fiso, pegamento e medio, blu tack e outro tipo de sistemas de fixación e ensamblaxe, agás o loctite e demais fluídos non flexibles, e a súa faceta para unir e superpoñer sempre sobre unha base porosa e escorregadía. Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndase unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, para acción (aínda que en contra desta afirmación existan varios volumes en forma de cd á venda ou de libre escoita en bandcamp), pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensorais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha <<vivencia>>.

Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores.

Cintaadhesiva é un dúo que podería inserirse no xénero coñecido como "e-poesía": poesía con música electrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés (con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient).

En directo compoñen o grupo: Jesús Andrés (vídeo e son) e Silvia Penas (voz).

Un concerto de Cintaadhesiva é una experiencia moi completa, de grande intensidade. Nos contados destaca un posicionamiento marcadamente feminista e unha visión crítitca de diversos ámbitos do social. Unha reflexión profunda e poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.

Ficha artística

Jesús Andrés Tejada (vídeo e son) e Silvia Penas (voz).

Vídeos

Cintaadhesiva

PREMIOS, COLABORACIÓNS E ESCENARIOS

O videopoema “Derrota programada” foi seleccionado no festival internacional Visible Verse 2016 (Canadá).

O videoclip “O deserto” foi finalista no Concurso de videoclips do Festival de Cans 2017 e no Certame de Videoclips Armadinha rock.

O videopoema “The Caretaker” foi seleccionado no Versi de Luce 2019, Motion Pictures Internacional Film Festival MOPIFF de Calgary 2018, Miniature Film Festival de Vancouver 2018 e no Newlyn PZ Internacional Film Festival 2019.

En 2023 o videopoema O resto é ceo é seleccionado no festival internacional Intersección, no First-Time Filmmaker Sessions 2023 e no WORLDTHREADING Film Fest 2024.

Gañador do concurso Estudios Mans Festival SinSal San Simón 2017 e formou parte da programación do Festival Sinsal deste mesmo ano.

Finalista dos Premios Martín Códaz da Música na categoría de electrónica 2016 e 2017.

Levou a cabo o material audiovisual de diferentes proxectos como “Mulleres que contan 2017” do COncello de Mondariz e os vídeos “Electromagnetismo” da Universidade de Vigo e “A luz” da mesma entidade.

Colaborou coa súa música en diferentes proxectos da Produtora de Cine Miramemira.

No ano 2020 a Fundación Xoán Piñeiro encárgalles una peza audiovisual e un directo, que resultou nun pequeño poemario con banda sonora e visual: Buciños, ou modelar o amor co vento.

Creou o espazo sonoro da peza teatral Sofía e as postsocráticas da compañía Inversa Teatro.

Participou no proxecto A Malinche de intercambio de artistas irlandeses e galegos con actacións en escenarios de Dublín e Belfast.

Formou parte da programación de Mulleres Creando 2016 no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense e do proxecto Cinema e Muller 2016 da Deputación de Pontevedra.

Desde o ano 2020 participa en diversas propostas co Colectivo Límites, asociación e grupo artístico ao que pertence.

Participou en festivais internacionais como o Festival Internacional de Poesía Expandida Urogallo de León 2016, Festival Internacional Naa de Barcelos 2015, Festival Binnar de Vila Nova de Famaliçao 2016, Festival Internacional de Poesía Poemagosto de Allariz, Festival Artellano de Santiago de Compostela 2017, Culturgal 2015 e 2018, Festival da Poesía no Condado 2019, Vociferio de Valencia 2018 e 2021,Pan duro 2021 (Segovia), Expoesía 2022 (Soria), Poesía i+ 2023 (Barcelona), La nit de l'art (Castelló) 2024.

Más info