Os galegos Trilitrate propuxéronse compoñer e interpretar a música folclórica dun mundo que aínda está por achar. A banda sonora da película que ninguén podería rodar xamais: unha especie de discurso perdido entre a épica humanista de Fitzcarraldo e as elipses narrativas do Acorazado Potemkin. Frutal Death apesta a século XX e por iso se debate entre a música contemporánea, a world music e o folk balcánico, a neoclásica e os ritmos pegados á terra. Os catro integrantes do Colectivo Metamovida propuxéronse sobrevoar e logo destruir todos e cada un dos estilos, construíndo unha liña única, aderezada ademais por un salvaxe sentimento de independencia.
Cincuenta minutos de pezas profundas, enérxicas, salvaxes, que funcionan como testigo, neste mesmo intre, do incrible momento creativo do trío galego - cuarteto incluíndo a maxistral correspondencia visual a cargo de Laura Iturralde.
Ficha artística
Data de lanzamiento: 16 de decembro de 2016
Editado por: Metamovida (CD)
Grabado e Masterizado por: José Vázquez nos Estudios Pastora de Vigo
Deseño: Laura Iturralde
Contacto
Contratación: trilitrate@metamovida.org | 687355083 (Elena)
Comunicación: parvoproduce@gmail.com | 639551492 (Toño)