DOPPELGÄNGER: En alemán, “o dobre que camiña”. Ao meu lado sinto a alguén que non son eu, pero que se me parece como unha sombra ou un reflexo. Mírame, xúlgame, quéreme, ódiame. Vivimos no mesmo país, pero temos ideas opostas. É o meu rival, o meu inimigo. Eu son o seu rival, o seu inimigo. Está no outro bando. Estou no outro bando. Quero destruílo e ao mesmo tempo necesítoo. É el ou eu. Ambos ou ningún. É a guerra. A Guerra Civil. É a miña conciencia. É a miña memoria. É o meu esquecemento. É a posibilidade ou non de vivir en paz comigo mesmo.
Esta peza é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases.
A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais, desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública.
O segundo ciclo de ensaios terá lugar en Galicia entre decembro e xaneiro nos que introduciremos a conclusións da observación desta primeira fase e culminará na estrea definitiva do espectáculo.
Ficha artística
Intérpretes: Juan Diego Alzate, Jose Ricardo Alzate e Paula Carballeira
Texto: Paula Carballeira
Dirección: Chiqui Pereira
Ax. dirección: Nuria Sanz
Asesoría Coreográfica: Olga Cameselle
Música: Merender Swing e Juan Diego Alzate
Iluminación: Miriam Rodríguez