Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Está de Grelo

  • Viernes
  • 1
  • Octubre
  • 20:00
  • Sabado
  • 2
  • Octubre
  • 20:00

Trilitrate convoca ó ouvinte a unha peregrinación a través dun cosmos imaxinario na súa nova aventura discográfica Está de Grelo; unha viaxe que sobrevoa un corno da abundancia rebosante de músicas e cuxo lanzamento conta co apoio do selo norteamericano Ropeadope (Snarky PuppyMedeski, Martin & Wood; Eddie Palmieri...) e do selo barcelonés Gandula (Za, Sara Fontán, Gambardella...).

Trátase do seu terceiro longa duración: un disco no que a banda abre unha nova fisura ós contornos do folk, a música clásica e a contemporánea; unha fenda pola que entra a un paraíso sonoro sen lim itaciónns, onde os leitos dos distintos xéneros musicais atópanse nun océano de esplendor, beleza e luminiscencia.

Está de Grelo encerra odiseas musicais, que atravesa o folclore otomán, o celta, o romanés ou o africano, epopeas que nos levan a unha metamorfose da música barroca ou do impresionismo de Ravel e Vaughan Williams, unha transfiguración do neoclasicismo de Stravinsky e Shostakovich; un compendio harmónico e rítmico salvaxemente orixinal que non teme achegarse á música electrónica ou ó black metal, sen abandonar as súas ferramentas acústicas e o seu compromiso coa personalidade singular do grupo.

Unha categórica revelación do disco aparece no plano vocal, cada vez máis presente na banda. Fermosas liñas melódicas e harmonías corais adornan o coidadoso e impecable traballo instrumental, dun virtuosismo que atravesa pasaxes do mais delicado ó máis agresivo; nesta ocasión apoiados polas grandes colaboracións de Toño Magariños (Unicornibot, Diola, Peña) e Pablo Riveiro (Buogh).

No ámbito visual, a transformación é aínda maior coa incorporación da escenógrafa, debuxante, iluminadora e animadora stop-motion Montse Piñeiro (Premio María Casares 2018 á mellor escenografía), amplificando o campo de acción da experiencia óptica e elaborando, en tándem coa música, un novo big bang de beleza en expansión en cada directo.

Ficha artística

Rubén Abad - Guitarra, voz
Elena Vázquez - Violín
Marcos Padrón - Acordeón
Montse Piñeiro - Vídeo en vivo

 

Video

Trilitrate

Trilitrate es un proyecto que abarca música acústica y videocreación a tiempo real; se trata de una composición colectiva que tiene como fin crear algo personal e inédito. Esta formación crea sonidos desconocidos que desafían cualquier categoría y abren nuevos senderos en la música acústica. Desdibujan las lineas existentes entre la composición y la improvisación: revelando influencias de estilos tan alejados entre si como pueden ser la música clásica, la improvisación libre, el hardcore, el post-rock o el noise. Interpretan además música étnica original dentro de un universo propio. Esta atmósfera se completa mediante estímulos visuales generados en tiempo real.

Trilitrate se formó en Vigo en el año 2010 por la violinista Elena Vázquez (OrquestaVigo 430, Suelen Estar Quartet), por Marcos Padrón (Orqueta de música Espontánea de Galicia) y por Rubén Abad a la guitarra (Cró!, Es Un Árbol, Guerrera). En ese mismo año realizaron su primera grabación. Ahora cuentan con Montse Piñeiro, escenógrafa, dibujante, iluminadora y animadora stop-motion. Discos: Faláchesme na Man, Frutal Death y Está de Grelo.

Sitios web:

Bandcamp:
http://trilitrate.bandcamp.com/

Facebook:
https://www.facebook.com/Trilitrate/

Spotify:
https://spoti.fi/301CXLR

Presskit:
https://cutt.ly/OvGUqIo

Saber más