La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Exilio das moscas

  • Viernes
  • 17
  • Junio
  • 22:00
  • Sábado
  • 18
  • Junio
  • 22:00
  • Domingo
  • 19
  • Junio
  • 21:00

Esperto en metade dunha rúa que non recoñezo. Pecho os ollos. Camiño. Naufrago. Agardo. Esquézome. Selo o meu corpo. Entérrome. Recordo. Falo inglés / árabe / galego / francés. Retrocedo sobre as miñas pegadas. Pecho os ollos. Viaxo de polisón. Miro vellas fotografías. Constrúo un aramado de bágoas. Lémbrome dun libro que lin de neno. Pecho os ollos. Bailo bailes sen orquestra. Dou bicos con sabor a cinsa. Xogo á guerra. Agardo por outro tren pantasma. Pecho os ollos. Penso. Síntome coma unha mosca voando cara a ningures. Pero… unha mosca pode exiliarse?

Ficha artística

Sonsoles Cordón, Andrea Dunia Díaz, Hugo Rodríguez y Germán Gundín
Espazo escénico: César No
Iluminación: G. Gundín y C. No
Espazo sonoro: Ernesto Is
Deseño gráfico: Javier Nistal
Producción: C. No y E. Is
Dramaturxia: E. Is
Dirección: C. No

Feira do Leste

Feira do Leste xorde a finais do ano 2015 coma unha xuntanza de novos profesionais da interpretación, da dramaturxia e da dirección escénica que buscan explorar campos de expresión artística e temática no teatro físico, a performance ou a danza.

Integrada por persoas con ampla formación e experiencia escénica e audiovisual, Feira do Leste adapta esas linguaxes multidisciplinares dentro das novas manifestacións teatrais de carácter posdramático. A compañía asume o novo paradigma teatral de ruptura aristotélica e de traballo en colectividade, fragmentario, no que os xéneros e as técnicas expresivas hibrídanse e onde as temáticas están moi próximas á actualidade e á memoria común do pasado recente.

A primeira montaxe Exilio das Moscas (2016) conseguiu unha grande aceptación por parte do público e da crítica, sendo seleccionada no VI Festival “Vigo en Bruto”, no Festival SET de Porto e no Festival de Teatro Universitario de Santiago, entre outros. Continuando pola senda aberta coa primeira montaxe, nace Tras Tannhäuser (2017) un espectáculo que fala dos medos dende unha óptica xeracional e que foi seleccionada no Programa de Creación Joven Injuve 2016.

Más info