La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Glifo

  • Viernes
  • 14
  • Junio
  • 20:00
  • Sábado
  • 15
  • Junio
  • 20:00
  • Domingo
  • 16
  • Junio
  • 20:00

Glifo é un proxecto de creación colectiva de partituras gráficas, que toma o debuxo como base e converte esta ferramenta no soporte central para a creación dunha posta en escena. O estudo da relación entre a liña e o son creará mapas, planos e camiños que nos guiarán por un traxecto musical interpretado por todas aquelas persoas que queiran transitalo.
Dentro do proceso, participarán as intérpretes e investigadoras Macarena Montesinos, David Santos, Elena Vázquez e Rubén Abad, e a iluminadora e debuxante Montse Piñeiro.

Ficha artística

Creación e escenificación: Montse Piñeiro.
Agradecementos: Cris Bolívar, Emilia Guimeráns, Borja Fernández, Coti Faro, Diego Anido, Ensalle, Pelucas, Eva Alfonso e Miguel Vázquez.

  • Viernes 14-06-2024 20:00
  • Sábado 15-06-2024 20:00
  • Domingo 16-06-2024 20:00

Montse Piñeiro

O debuxo é a base da creación de tódalas miñas ideas. Gustaríame trasladar a escena o que ata agora foi unha ferramenta procesual e mostrar o bosquexo, a mancha e a liña como resultados finais dentro dunha posta en escena.
Para isto, paréceme fundamental xerar un proceso colaborativo que me permita aprender de profesionais de diferentes disciplinas e destilar esta idea para convertila nunha nova vía de traballo.
Para desenvolver este proceso, contarei con varias persoas do eido da música, a improvisación e as artes escénicas. As participantes en escena decidiranse unha vez estean pechadas as datas de creación. Ademáis disto, gustaríame contar con asesorías fóra do traballo en escena que me permitan avanzar a nivel conceptual.

Más info