La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

O Inevitable

  • Viernes
  • 18
  • Enero
  • 22:00
  • Sábado
  • 19
  • Enero
  • 22:00
  • Domingo
  • 20
  • Enero
  • 21:00

Con este proxecto, O Inevitable, nace o Colectivo Marciano Balboa, integrado por dous creadores escénicos, Diego Anido e Borja Fernández, unha deseñadora de iluminación e audiovisuais, Laura Iturralde, e un músico, Pablo Rega.

O Inevitable é o seu primeiro directo, unha acumulación de escenas baseadas nos efectos secundarios da fe católica, os remakes turkos de Rambo e os momentos mais íntimos da vida dun lobo solitario chamado Antonio, un tipo que fai milagres.

“Rambo comía noces negras dunha nogueira, e mentres se deixaba traspasar polo aroma dos aligustres, miraba a contorna da montaña e pensaba en salvar todos eses montes rectilíneos que parecían soldados. Diñeiro plantado en liña. Avergoñáballe formar parte daquela sociedade que se apropiaba das terras coma se as escrituras e os contratos fosen asinados directamente por Deus…”

Ficha artística

Intérpretes: Diego Anido y Borja Fernández Salcedo
Músico: Pablo Rega
Iluminación: Laura Iturralde

Colectivo Marciano Balboa

Coñecímonos facendo bolos uns cos outros. Diego e Pablo levan mais de 10 anos traballando xuntos, Borja e Laura mais de 5, Diego e Borja cruzáronse nos escenarios de ultranoites e obras doutras compañías desde hai mais de 15 anos, e Pablo, Laura e Borja construiron algunha vez kits sonoros e audiovisuais nas sesions HALO de Vigo nos últimos anos. Este colectivo é outra das múltiples colisións entre eles.

Diego Anido. Santiago de Compstela, 1976.
Actor e creador.
Colaborador habitual das compañías Agrupación Señor Serrano e Voadora. Traballou con Andrés Corchero (Cía Raravis) e entre 2005 e 2009 foi residente da plataforma de creación Area Tangent (Barcelona). Colabroa coa Cía. Voadora e cos outros colectivos
escénicos en Galicia.

Borja Fernández. Salcedo, Pontevedra, 1977.
Actor, creador e músico.
Colaborador habitual do grupo Chévere e a Cía. Voadora. Membro do colectivo musical Metamovida e do grupo de rock Es un Árbol. Traballou como intérprete e músico para multitude de proxectos en España e Portugal, ademais de xirar por Brasil, República Checa e Mozambique a través de festivais internacionais, intercambios artísticos e proxectos socio-culturais.

Pablo Rega. A Coruña, 1971.
Guitarrista e músico electrónico.
Participou em projectos teatrais como músico /compositor e intérprete en compañías como La Danaus (León), Chevere (Santiago de Compostela) Sociedad Dr. Alonso (Barcelona), Antigua y Barbuda (Barcelona) e Los Corderos sc. (Barcelona). Participa en diversos colectivos de Galicia de impro libre e free jazz.

Laura Iturralde. Vigo, 1984.
Deseñadora de iluminación e audiovisuais
Licenciada en escenografía e iluminación pola ESAD de Vigo. Traballa de escenógrafa, deseñadora de iluminación ou vídeo jockey con diferentes colectivos e compañías, como Trilitrate, a Orquestra Metamovida, A Artística, Borja Fernández, Prácido Domingo, ou Il Maquinario, entre outros.

Más info