La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Papel, madeira e tamén serrín

  • Viernes
  • 3
  • Junio
  • 22:00
  • Sábado
  • 4
  • Junio
  • 22:00
  • Domingo
  • 5
  • Junio
  • 21:00

Dúas personaxes, X e Y, están na procura dunha verdade absoluta a través da dúbida doutro individuo superior.
X e Y co-habitan dentro da cabeza dun autor artesano. A obra que realiza este creador/demiurgo non é tanxible, omitíndose esta personaxe xunto ca súa creación na peza escénica. En troques do que o espectador visualiza/experimenta son os plantexamentos filosóficos, teolóxicos, socioculturais, e de autogoverno mental que surxen na cabeza deste suposto demiurgo mentres está a realizar a súa invención.
Estas cuestión son abordadas polas dúas personaxes da escena , facendo ao espectador partícipe delas e da súa reflexión. A medida que transcorre o tempo vaise descubrindo a vacuidade do emprego da palabra para acadar conclusións ou calquera outro fin. A non-acción tampouco semella ser moi útil. Dado o canellón sen saída na procura dunha verdade absoluta, optan por un cambio de paradigma. A acción.

Ficha artística

Jorge Gallardo e Sergio Alfonso.
A partir de textos de: José Sanchís Sinisterra e Antonio Fernández Lera.
Dramaturxia e direción: J.S. Sinisterra y A.F. Lera.
Espazo escénico e iluminación: José Manuel Faro.

Cascará Teatro

Cascará Teatro é unha compañía teatral que xorde no 2015 a partir da unión de dous titulados superiores en arte dramática. Nace como resposta ao anhelo de crear un lugar conxunto de traballo para poder dar renda solta a esa creación tan supeditada, ás veces, pola rutina e o automatismo.
Esta compañía aspira a obxectivos tales como: xera arte teatral que propicie o achegamento do público-espectador co autor-actor; involucrar a nivel sensorial ao espectador dentro da atmosfera xerada na obra teatral, ou sexa, facelo partícipe do espazo escénico; mesturar instalación artística e teatro; confluir diferentes canles de comunicación na peza xerando unha instalación teatral.

Más info