Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?
A apariencia coma posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación.
A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás:
Quen eran estas mulleres?
Que foi delas?
Que sucedeu nese partido?
Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.
Ficha artística
Creación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Interpretación: Esther Latorre, Hugo Pereira, Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez, Fran Martínez
Deseño de iluminación: Pedro Fresneda
Técnico en xira: Jaume Blai
Espazo Sonoro: BABYKATZE
Colaboración Arquivo Sonoro: Arquivo Galego do Oral
Vídeo: Dani Rodríguez
Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía: Carlota Mosquera
Deseño gráfico e web: Manu Lago
Deseño de imaxe: Paulina Funes
Vestiario: Colaboración con Adolfo Domínguez
Coproduce: Centro Coreográfico Galego · Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia
Co apoio de: Teatro Ensalle, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo, Museo MIHL, Concello Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea, Escuela Palimoco