Cumplimos 15 años en la Sala Teatro Ensalle

Tabú

  • Viernes
  • 1
  • Abril
  • 20:00
  • Sabado
  • 2
  • Abril
  • 20:00
  • Domingo
  • 3
  • Abril
  • 20:00

Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?

A apariencia coma posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.
Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación.
A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás:
Quen eran estas mulleres?
Que foi delas?
Que sucedeu nese partido?
Atopámonos ante unhas pioneiras?
Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.

Ficha artística

Creación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Interpretación: Esther Latorre, Hugo Pereira, Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez, Fran Martínez
Deseño de iluminación: Pedro Fresneda
Técnico en xira: Jaume Blai
Espazo Sonoro: BABYKATZE
Colaboración Arquivo Sonoro: Arquivo Galego do Oral
Vídeo: Dani Rodríguez
Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Fotografía: Carlota Mosquera
Deseño gráfico e web: Manu Lago
Deseño de imaxe: Paulina Funes
Vestiario: Colaboración con Adolfo Domínguez
Coproduce: Centro Coreográfico Galego · Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia
Co apoio de: Teatro Ensalle, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo, Museo MIHL, Concello Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea, Escuela Palimoco

Colectivo Glovo

O COLECTIVO GLOVO está formado por Esther Latorre e Hugo Pereira. Teñen dous espectáculos en cartel: Mapa (2016) e Em·na (2019).

ESTHER LATORRE
Lugo
Desde temprana idade comenza a súa formación e paixón pola danza e o movemento. No 2003 mergúllase no mundo da danza clásica, o que a levará no futuro a explorar novos ámbitos das artes escénicas.
Galega de nacemento, completa a súa carreira especializándose y graduándose en danza contemporánea no Conservatorio Profesional de danza de Lugo, formando parte da que sería a primeira promoción de profesionais en danza contemporánea de Galicia, diplomándose á súa vez en Maxisterio de Educación Física na mesma cidade
Desde entón, traballou con compañías como Jove Companyia de Dansa Gerard Collins (Valencia), Moudansa (Valencia), Companhia de Dança no Norte (Portugal)… ou a compañía Maduixa Teatre, da que forma parte actualmente e que foi galardoada recentemente co Premio Max ao Mellor Espectáculo de Rúa por “Mulïer”.

HUGO PEREIRA
Porto – Portugal
Comenza a súa formación no Conservatorio de danza de Aveiro, onde se graduará no 2015.
Recibe diversas formacións en danza contemporánea con mestres como: Akram Khan Dance Company, Sagi Gross (GrossDanceCompany, NEDERLANDS), Shirley Esseboom (NEDERLANDS), Víctor Hugo Pontes (Nome Proprio, PORTUGAL), Bruno Alexandre (PORTUGAL), Carmela García (Otradanza, ESPANHA), Julia Weh (ALEMANHA), Romulus Neagu (PORTUGAL)…
Formou parte da Companhía de Dança do Norte na produción de 2015-2016 “Barulhos nossos” e participou en diversos festivais nacionais e internacionais de creación.
Actualmente está inmerso no proxecto GLOVO, no que, xunto a Esther Latorre, desenvelve o seu traballo de creador e intérprete. Cabe destacar o recente galardón no festival de solos e dúos
SÓLODOS EN DANZA 2016 coa peza “MAPA”, que tamén foi seleccionada para formar parte do festival Camp In Encuentro Escénico de San Luís de Potosí, México.

www.colectivoglovo.com

Saber más