La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Vila

  • Viernes
  • 15
  • Mayo
  • 20:00
  • Sábado
  • 16
  • Mayo
  • 20:00
  • Domingo
  • 17
  • Mayo
  • 20:00

Vila é —ou máis ben será— unha conferencia dramática que combina teatro de obxectos, antropoloxía, e live-cinema.
É unha reflexión sobre como as sociedades humanas se relacionan, constrúen e destrúen tanto o territorio coma os seus habitantes. Un documental a vista de paxaro sobre a historia das cidades.
Será unha peza de manipulación de obxectos en colaboración cun escultor e cunha videocreadora en directo.

Ficha artística

Marcos PTT, Jose Díaz, Jose Perozo, Montse Piñeiro e Tono Mejuto.

  • Viernes 15-05-2026 20:00
  • Sábado 16-05-2026 20:00
  • Domingo 17-05-2026 20:00

Marcos PTT

Marcos PTT Carballido é un creador escénico galego nado en Lugo en 1977, cunha traxectoria de máis de 25 anos no ámbito das artes vivas.
A súa carreira abrangue múltiples facetas, sendo as de actor, director teatral e deseñador de son as principais.
O eixo principal que vertebra a súa carreira é a experimentación e o interese por formatos non convencionais, nos que o público deixa de ser un simple espectador para se converter nun axente creador.
A súa escola de arte dramática foi a Sala Nasa, a compañía Chévere e as Festas do Circo do Colectivo Pistacatro, xa que a tribo do circo foi, e segue a ser, a súa familia escollida. No ano 2004 mudouse a Barcelona e fundou, xunto con Ezra Moreno, a compañía El Retrete de Dorian Gray. Nela, experimentou no teatro de obxectos e percorreu máis de 20 países nas pasadas dúas décadas. Esta compañía supuxo o seu proxecto principal ate o de agora.

De volta en Galicia, nos últimos anos centrouse na dirección escénica, especialmente no ámbito do circo, e en propostas de forte carga sensorial e poética como Os Andares, unha serie de paseos sonoros que converten o territorio nun monicreque, un obxecto poético atravesado pola memoria e a emoción. Este proxecto, producido por Fósforo Arte & Cultura, desenvólvese no seo do Colectivo Galiza Emocional, no que tamén traballa na xestión e desenvolvemento creativo.

Ao longo da súa carreira colaborou con compañías e artistas como Chévere, Pistacatro, Producións Teatrais Excéntricas ou Marta Alonso Tejada. A súa obra caracterízase por unha vontade clara de romper co teatro tradicional e explorar novas formas de relación entre escena, espazo e público. Ás veces, conségueo.

Podes coñecer máis sobre o seu traballo en: marcosptt.com

Más info