La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Segunda man. Estado aceptable

  • Viernes
  • 24
  • Octubre
  • 20:00
  • Sábado
  • 25
  • Octubre
  • 20:00
  • Domingo
  • 26
  • Octubre
  • 20:00

Ofrécese muller, dada de alta na seguridade social, para agarrar man de moribundo no último lance.
Prezo, 35 €/h.
Cóbrase por adiantado.

INFORMACIÓN DA PRESENTACIÓN ACTUAL
No 2023 AveLina Pérez estreaba Segunda man, Estado aceptable, unha peza afianzada na palabra fóra de foco.
Presenta agora unha revisión da obra que procura ampliar o xogo, atender a desexos presentes e continuar na busca das posibilidades da palabra.

Ficha artística

Dirección, dramaturxia e actriz: AveLina Pérez
Montaxe de vídeo: Jesús Tejada

  • Viernes 24-10-2025 20:00
  • Sábado 25-10-2025 20:00
  • Domingo 26-10-2025 20:00

AveLina Pérez

AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.

Más info