AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.
Nigrán, España
AveLina Pérez

Get Directions