La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Honey Rose

  • Viernes
  • 23
  • Junio
  • 22:00
  • Sábado
  • 24
  • Junio
  • 22:00
  • Domingo
  • 25
  • Junio
  • 21:00

Un espazo inconcreto e atemporal.
Penumbra.
O chan está heteroxéneamente cuberto por limaduras de corcho.
En primeiro plano unha mesa con dúas cadeiras que poderían ser de calquera lugar.
A mesa está chea e parcialmente soterrada por paquetes de tabaco.
Os paquetes de tabaco de varias vidas.
Ao fondo un piano eléctrico sobre un soporte, un asento, e un amplificador. Á dereita da mesa.
Ao lado da mesa unha pantalla de ordenador ciscada polo chan.
Ten panfletos ao redor.
Detrás da mesa unha árbore.
Unha árbore feita de outras árbores.
Unha parte está resaltada pola luz.
Hai un ukelele apoiado nela.
En diversos puntos do chan están diseminadas varias caixas metálicas.
Algunhas son cinceiros, outras conteñen tabaco.
Dúas personaxes.
Jota e Acé.

Ficha artística

Jorge de Arcos: Actor
Adrián Chacón: Actor e músico
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez

 

Video

AveLina Pérez

AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.

Más info