La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Segunda man. Estado aceptable

  • Viernes
  • 9
  • Junio
  • 20:00
  • Sábado
  • 10
  • Junio
  • 20:00
  • Domingo
  • 11
  • Junio
  • 20:00

Ofrécese muller, dada de alta na seguridade social, para agarrar man de moribundo no último lance.
Prezo: 35 euros/hora.
Cóbrase por adiantado.

Ficha artística

Unha creación de AveLina Pérez

  • Viernes 09-06-2023 20:00
  • Sábado 10-06-2023 20:00
  • Domingo 11-06-2023 20:00

AveLina Pérez

AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.

Más info