A programación deste fin de semana do 2 ao 4 de Decembro sufriu un troco de última hora.
O bolo previsto das nosas compañeiras de Guanajuato, Un colectivo, non poderán amosar a súa peza Mónologo para 2 actrices y un cerdo con gastritis por cancelación da súa xira por España.
É unha verdadeira mágoa pero as desgracias non veñen soas, ás veces deixan sitio a outra posibilidade marabillosa.
Neste caso a de poder gozar de Los límites del deseo (o) El peligro de estar vivos, o tríptico fílmico e performatico de Terrorismo de autor. Presentada no Seiscordas ’18, pensamos que unha boa oportunidade de darlle todo un fin de semana a unha das mellores programación do longo currículo de Teatro Ensalle.
Por suposto toda reserva feita para a función de Monólogo para 2 actrices… será nula.
Sentimos as molestias pero será un fin de semana xenial de aínda así.