La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Vigo, galicia

Ay Cariño!

Ay, Cariño! é unha compañía de nova creación de orixe galega que dende 2023 abriga o traballo creativo conxunto dxs creadorxs Cris Vilariño e Diego M. Buceta tras unha ampla traxectoria individual.

Cris Vilariño leva a cabo numerosos proxectos como creadora e intérprete (Cyan, MUUM, Liminal, Haiku, Todas as cartas de amor son ridículas, PINDO) e dende 2017 colabora coa compañía Licenciada Sotelo. Compaxina a súa labor artística coa súa carreira pedagóxica, impartindo formacións intensivas de body weather e laboratorios de movemento, improvisación e conciencia corporal.

Diego M. Buceta traballa como intérprete para compañías e creadorxs como Lucía Marote, Aitana Cordero, Voadora, La Coja Dansa, Equilibrio Dinámico ou A Friend in the Orchid Room, e firma traballos tanto en solitario (As vacacións máis longas) como xunto á compañía Pálido Domingo (Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, Pentecostés e Serva me servabo te).

Páxina web:
https://www.aycarinho.com/


Get Directions

De dónde es


La compañía en Teatro Ensalle