Millo Vello é unha práctica performativa onde corpos e obxectos dialogan coa música en vivo.
É un exercicio de continua tentativa de volver á sabedoría ancestral, primitiva, ao mesmo tempo que abrazamos o que forma parte da nosa realidade e contexto actual.
Aceptar e construír co que temos ao noso alcance sen perder a mirada no que nos enraíza e da sostén. Rendendo homenaxe ao tempo dilatado, ao pasado, pero acollendo a velocidade de hoxe., Abrazando o presente nesta convivencia que podería revelarse antagónica pero non o é. Tratando de tecer con mimo para construír o noso lugar seguro.
En realidade, esta práctica é unha carta de amor a nós mesmxs e a todas aquelas persoas que se poidan sentir apeladas na busca dese lugar apracible onde habitar.
Servímonos da busca dende o subconsciente e os soños, creando paisaxes visuais que invitan á observación tranquila, a poñerse en tempo de árbore. Para acadar así o deleite de ser testemuña de algo que, como a natureza, vaise conformando pouquiño a pouco.
Ficha artística
Coproduce: Ay, Cariño! e Xunta de Galicia/Agadic
Dirección: Ay, Cariño!
Intérpretes: Cris Vilariño, Diego M. Buceta, Rafa Mallo, Robert Tena
Mirada externa: Andrés Corchero
Música en vivo e espazo sonoro: Rafa Mallo
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Ay, Cariño!
Asesoría de cestería: Lola Tourón



