La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Vigo

Diego M. Buceta

Titulado superior en interpretación textual pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2005-2009). Entre os anos 2009 e 2010 fórmase en artes circenses na escola Carampa de Madrid,especializándose en técnicas aéreas. No ano 2010 ingresa no Real Conservatorio Profesional de danzade Madrid, estudos que remata no Conservatorio Profesional de danza de Granada no ano 2015.
Complementa a súa formación con profesionais como Lucas Condró, Patricia Caballero, SharonFridman, Lali Ayguadé, Les Slovaks, Rootlessroot Company, Jose Agudo (Akram Khan Company), JorgeCrecis, Daniel Abreu, Dairakudakan Temputenshiki, Cranämour Company e Hisako Horikawa entre outrxs.
Desenvolve a súa carreira profesional en montaxes de creadorxs e compañías como Roberta Ferrara (Nostos- il ritorno, Italia, 2022), Lucía Marote (El Ojo del huracán, Madrid, 2021), A Friend in the Orchid Room Company (Study about repetition and efforts, Bélxica, 2021), Voadora (A amnesia de Clío, Galicia, 2020), La Coja Dansa (Lloc Joc Xoc, Valencia, 2019), La Imperfecta (Upbeat/downbeat, Madrid, 2019), Álvaro Frutos (Waterloo, Zaragoza, 2017/ 2018), Sharon Fridman (Nido/Rizoma, Holanda, 2016) e Tino Sehgal (Instead of Allowing Some Thing to Rise Up to Your Face Dancing Bruce and Dan and Other Things, Sevilla, 2015/ 2016) entre outrxs.
Actualmente fai parte da compañía de danza Pálido Domingo. Non hai que ser unha casa para terpantasmas é o seu primeiro traballo, recoñecido co premio da Crítica no Certame Coreográfico deMadrid 2018 e co segundo premio no certame DanzaXtrema 2019.
Pentecostés é o seu segundo traballo como compañía, e o último espectáculo Serva me, servabo te estrenouse en setembro de 2021 como producción propia do Centro Dramático Galego.
As vacacións máis longas é o seu primeiro traballo en solitario, finalista no certamen Sólodos en Danza2018 e recoñecido co premio á Mellor Interpretación no certame M2/ Festival FIOT (Galiza) 2018.


Get Directions

De dónde es


La compañía en Teatro Ensalle