A comezos do verán de 2016, Belén, Fran e Diego comezaron o seu proxecto xuntxs que bautizaron co nome de prácido·domingo, co obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico.
Este proxecto basea a súa actividade en dúas liñas de traballo fundamentais: a artística, por medio da creación e distribución de espectáculos no ámbito da creación contemporánea, e pedagóxica, impartindo cursos destinados á formación de creadores e creadoras vinculados á danza, ao teatro e ás artes do movemento.
Baixo este nome firmaron e deron a luz o seu primeiro proxecto escénico Non hai que ser una casa para ter pantasmas, estreado en decembro de 2017 no teatro Ensalle de Vigo. Foi recoñecido co 1º premio Xuventude Crea 2017 e co Premio da Crítica no 32º Certamen Coreográfico de Madrid 2018, e participou en festivais como CortoIndanza (Cerdeña), Corpo[a]Terra (Ourense) ou Migrats en Breu (Valencia) e en espazos como Sala Inestable (Valencia), Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ou Teatro Pradillo (Madrid).
Agora, xa ás portas do ano 2020 e sendo conscientes e críticas co momento actual no que vivimos, e porque non somos sempre as mesmas persoas, encaramos esta nova etapa rebautizadas como pálido·domingo, co que daremos a luz o noso segundo proxecto, Pentecostés. Sempre camiñando cara diante. Sempre na procura da luz.
Vigo, Pontevedra
pálido domingo

Get Directions