La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Pentecostés

  • Jueves
  • 23
  • Enero
  • 21:00
  • Viernes
  • 24
  • Enero
  • 21:00
  • Sábado
  • 25
  • Enero
  • 21:00
  • Domingo
  • 26
  • Enero
  • 21:00

“Ao chegar o día de Pentecostés, estaban todos reunidos nun mesmo lugar. De repente veu do ceo un estrondo como o dun refacho impetuoso, que encheu toda a casa na que se atopaban. Aparecéronselles unhas linguas como de lume que se repartiron e se posaron sobre cada un deles; quedaron todos cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, segundo o Espírito lles concedía expresarse.”
Feitos dos Apóstolos, 2, 1-5

O que acontece en Pentecostés parece maxia. Pero non o é. Non é un milagre. Non é unha revelación. Non é nada importante que pasará á Historia. En realidade non é nada sumamente relevante. É fráxil. E é forte. É un fío de luz a través dun muro de pedra.
Pentecostés é querer ver. É un acto de fe.

Esta é a acción sinxela que Diego fai obsesivamente desde fai uns anos para reafirmar o seu apoio plantar e recolocar o seu centro.
Esta é a rutina que Fran repite día tras día. Pregúntase que é o que procura insistindo nestes movementos unha e outra vez.
Belén está empeñada en mostrar ao mundo unha imaxe de forza. Dubida de se realmente é forte ou pensa que o é.
Accións. Prácticas. Rituais. Movementos que repetimos unha e outra vez, día tras día. Case sem cansarnos, case sen darnos conta. Unha liturxia pagana na procura dun instante.

Ficha artística

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez.
Creación: Pálido Domingo.
Iluminación: Laura Iturralde.
Fotografía: Miguel Vidal e L. Iturralde.
Deseño gráfico: Alba Troiteiro.
Apoios: Teatro Ensalle, Colectivo RPM e Paso a 2.
Agradecementos: AveLina Pérez e A Artística Vigo. 

  • Jueves 23-01-2020 21:00
  • Viernes 24-01-2020 21:00
  • Sábado 25-01-2020 21:00
  • Domingo 26-01-2020 21:00

pálido domingo

A comezos do verán de 2016, Belén, Fran e Diego comezaron o seu proxecto xuntxs que bautizaron co nome de prácido·domingo, co obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico.
Este proxecto basea a súa actividade en dúas liñas de traballo fundamentais: a artística, por medio da creación e distribución de espectáculos no ámbito da creación contemporánea, e pedagóxica, impartindo cursos destinados á formación de creadores e creadoras vinculados á danza, ao teatro e ás artes do movemento.
Baixo este nome firmaron e deron a luz o seu primeiro proxecto escénico Non hai que ser una casa para ter pantasmas, estreado en decembro de 2017 no teatro Ensalle de Vigo. Foi recoñecido co 1º premio Xuventude Crea 2017 e co Premio da Crítica no 32º Certamen Coreográfico de Madrid 2018, e participou en festivais como CortoIndanza (Cerdeña), Corpo[a]Terra (Ourense) ou Migrats en Breu (Valencia) e en espazos como Sala Inestable (Valencia), Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ou Teatro Pradillo (Madrid).
Agora, xa ás portas do ano 2020 e sendo conscientes e críticas co momento actual no que vivimos, e porque non somos sempre as mesmas persoas, encaramos esta nova etapa rebautizadas como pálido·domingo, co que daremos a luz o noso segundo proxecto, Pentecostés. Sempre camiñando cara diante. Sempre na procura da luz.

Más info