La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Domitila

  • Sábado
  • 20
  • Junio
  • 20:00
  • Domingo
  • 21
  • Junio
  • 20:00

“Unha peza sobre a delicadeza e a arte como espazos de resistencia e superación” Afonso Becerra de Becerreá

Domitila meteuse no meu corpo o día que escoitei o relato de esta muller galega que pasou o mellor da súa vida fuxindo por apoiar a guerrilla republicana.

É unha peza no ámbito das artes do movemento que recupera a memoria dunha muller anónima, da montaña de Lugo, que colaborou coa guerrilla antifranquista e que foi torturada e condenada ao cárcere. Porén, no seus últimos anos, Domitila realiza o seu soño de xuventude, tocar a guitarra e bailar.

O coñecemento desta historia e a fonda impresión que me causou impulsáronme para danzar a memoria histórica e, deste xeito, poñer o meu gran de area e transmitir a idea de non volver a caer no mesmo erro, a tortura, a guerra.

Domitila non é un personaxe, é unha muller a quen lle arrincaron a xuventude, mais non a valentía.
Co tempo dinme conta de que na miña historia persoal tamén hai reclusión, aínda que por outros motivos. A reclusión da danza que deixei durante trinta anos, porque o contexto era adverso e, nun ámbito no que a sensibilidade se pon en xogo, esas dificultades afectáronme até o punto desa reclusión.
Así que, nesta peza, se trazan pontes, explorando ecos e reflexos entre pasado e presente, entre represaliada política e vocación acoutada.

“Todo o que se conta non se conta, senón que se infunde no movemento dancístico, sonoro e por veces, como refachos, verbal” Afonso Becerra de Becerreá

Ficha artística

Creación: Amparo Martínez Paz. Baila: Amparo Martínez Paz. Dramaturxia e Dirección: Afonso Becerra de Becerreá. Iluminación: Macarena Palacios Martínez. Música: Macarena Montesinos. Vídeo-imaxes : Tony D’Arco. Vestiario: Anzzoni

Vídeo

Reservar entradas

Amparo Martínez Paz

Amparo Martínez Paz. Bailarina, coreógrafa e licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación.

Formouse en Danza Clásica, Danza Jazz, Danza Contemporánea e outras Técnicas de Movemento: Contact Improvisation, Body Weather, Tai-chi, Kun-Fu e Coreografía.

En 1985 recibiu unha bolsa da Xunta de Galicia para continuar a formación en Danza e Coreografía na Nikolais/Louis Dance.Lab en Nova Iorque. En 1987 foi seleccionada no 1º Certamen Coreográfico de Madrid e dous anos máis tarde finalista no 3º Certamen Coreográfico de Madrid (1989). Ademáis,foi finalista, coa colaboración da Xunta de Galicia, no IV Fest Coreográfico Iberoamericano Óscar López Barcelona (1988). En 1989 volveu ser seleccionada no V Festival Coreográfico Iberoamericano Óscar López, Barcelona.

Baila as súas creacións e forma parte do elenco en pezas de diferentes coreógrafas/os en Vigo, Ourense, Barcelona, Epinal (Francia) e Nova Iorque. Realiza os vídeo-danza Puzzled Feet (2007) e Healing (2021) participando en diferentes festivais en Vigo, Santiago de Compostela, Atenas, Cuba, Rio de Xaneiro e Caracas.

Retoma a danza despois de 30 anos cos solos Retake, O Noso, Ousar e PF site-specific 023 así como Domitila en proceso creativo e seleccionada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir Galiza+Portugal (Novembro 2022) da AELG e no IX Certame Micro-Escenas M2 do FIOT Carballo (Festival Internacional Outono de Teatro) 2025.
Forma parte do elenco da produción do Teatro de Ningures As Gardiás ou o nó do tecelán (2024-2025)
Realiza o deseño de movemento escénico e coreografía da produción do Centro Dramático Galego (CDG) A burra, a mesa e o pau coa dirección e dramaturxia de Lorena Conde (2025).

Participa coa peza Ousar no proxecto ESCORA Danza 2025 da Deputación da Coruña.

Más info