La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Os cans non comprenden a Kandinsky

  • Viernes
  • 3
  • Febrero
  • 22:00
  • Sábado
  • 4
  • Febrero
  • 22:00
  • Domingo
  • 5
  • Febrero
  • 21:00

Se non hai acción, non hai teatro, que dicía Aristóteles, ou algún director que

coñecín algunha noite nalgún pub de capital de provincias.

Se non hai acción non hai teatro, berraba borracho. E eu coreaba que si, que se non

hai acción non hai teatro. Pero as cousas son como son. E hoxe retráctome.

Hoxe quedo así. Aquí. Non vai pasar nada, aseguro a quen me mire.

Nada.

Vostede pode seguir a mirar para min.

Un consello: mire sen esperanza …

A actriz

Ficha artística

Dirección e dramaturxia : AveLina Pérez
Con: Avelina Pérez e Daniel Casquero
Avelina Pérez : A actriz
Daniel Casquero: O espectador
Deseño de iluminación: Daniel Casquero
Fotografía de Martín Pol.
Espazo sonoro construído desde as  Esculturas Sonoras de Alberte Pagán.

AveLina Pérez

AveLina Pérez. (Galicia)
Formada en interpretación na Escola Santart. Titulada en dirección de escena e dramaturxia pola ESAD de Galicia.
Comeza como directora da Compañía Teatro do Lume e recentemente crea un novo proxecto escénico: AveLina Pérez, que abarca as producións propias, a escrita teatral e a impartición de obradoiros
Directora e dramaturga e actriz das pezas:
Vaguedás, A que non podes dicir cocacola, Reconvertindo espazos (co- creadora), Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, Os cans non comprenden a Kandinsky (Premio Coiro de pita da Sala Ingrávida) e Deixa de tocala, Sam.
Moi vinculada ao Teatro Social, durante anos dirixiu o grupo intercultural de teatro do Milladoiro, así como os obradoiros de mulleres de Porto do Son e de Mondariz, con varias postas en escena.
Acada varios premios en dramaturxia. Recibe os Premios Álvaro Cunqueiro coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais e o Abrente de Textos teatrais 2018, con O día no que bicar a terra.
Cunha concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social, na busca de converter o cotiá en extracotiá, e sempre transitando por un humor acedo e duro, concibe a escena como un lugar de encontro, un lugar no que a dignidade exista aínda que estea camuflada, agochada, deformada, pero sempre presente.

Más info