Por favor, tenteo novamente máis tarde
é un intento de supervivencia
é querer fuxir do ruído
é compartir espazo sen ollarnos mentres morremos por facelo
é buscarme e é buscarte
En escena dúas persoas, cada unha co seu mundo, inmersas no ruído, transitan polas súas obsesións e desamparos.
A dramaturxia constitúese arredor do pensamento individual, anulando a posibilidade de comunicación inda que esteamos, paradoxalmente, propiciando o encontro.
Acompañando esta individualidade: o ruído.
Con todo, queda lugar para a esperanza, quizais lonxe das promesas de felicidade que nos ofertan os mass media: Que tal se nos miramos aos ollos?
Ficha artística
Daniel Casquero y AveLina Pérez
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
Iluminación: Pedro Fresneda
Composición musical : Ramon Raíndo
Vídeo: Jesús Tejada
Coproduce: CDG e Teatro Ensalle
Colabora: A Casa Vella e Xerme Asociación Veciñal

