La Sala Teatro Ensalle va a por los 20 años de programación constante y de calidad

Vol. 1

  • Viernes
  • 4
  • Junio
  • 20:00
  • Sábado
  • 5
  • Junio
  • 20:00
  • Domingo
  • 6
  • Junio
  • 20:00

Clásicas desfeitas é unha proposta que se desenvolve a través de tres personaxes pertencentes ao imaxinario colectivo e histórico, coa intención de configurar un retrato da humanidade moderna. A partir dos textos de Prometeo, Fausto e Frankenstein, conformamos un cadáver exquisito, multifacético e atemporal, que se move e nos guía arredor dun espazo común, permitíndonos desta maneira vernos reflictidas na súa totalidade. A premisa desta obra é a experimentación, polo que non se pretende acadar unha resposta sinxela sobre as nosas emocións ou o noso lugar no mundo, senón activar a busca dentro deste novo monstro dun lugar de reflexión e diálogo.

Ficha artística

Creación, investigación e produción: José Faro, Xacobo Castro, Montse Piñeiro, Ruben Abad, Macarena Montesinos e Elena Vázquez.

  • Viernes 04-06-2021 20:00
  • Sábado 05-06-2021 20:00
  • Domingo 06-06-2021 20:00

Nononon LAB

A compañía Nononon.lab nace coa finalidade de crear un fronte de investigación dentro do obrador escénico Nononon, creado por José Faro. Partindo deste lugar de encontro entre artistas escénicas, fórmase no 2020 un grupo composto por varias compañeiras de profesión dentro do eido técnico. Así, componse inicialmente por José Faro, Laura Iturralde, Xacobo Castro e Montse Piñeiro, para logo sumarse á equipa Lucía Estévez como nexo patente entre os mundos escénico e audiovisual. Dentro da nosa experiencia en común son salientables o nosos traballos en Resaca (Ilmaquinario, 2017), que acadou o Premio María Casares nas categorías de Iluminación e Escenografía, Elisa e Marcela (A Panadaría, 2017) o proxecto Fío, gañador dunha Residencia Paraíso no 2018, O empapelado amarelo (A quinta do cuadrante, 2019) ou a produción Fariña (Unodez e Xose A. Touriñán, 2019), con nominacións aos María Casares 2020 na Iluminación e na Escenografía á espera de resolución, O Feo (Catrocadeiras, 2013), A Leituga (Eme2, 2018), Curva España (Chévere, 2019) ou Microspectivas dun marica millenial (Incendiaria, 2020). Conformamos un grupo hetereoxéneo de profesionais con espectros moi amplos de actuación, tocando disciplinas tan diversas como a escultura, a carpintería, a fotografía, a animación, o son…e, á súa vez, os nosos intereses e motivacións conflúen no mundo do espectáculo e das artes vivas. Dada a natureza dos proxectos nos que participamos, cabe destacar que a nosa labor abrangue tódalas fases de desenvolvemento dunha obra, e isto fai que contemos con experiencia tanto na parte técnica como na artística e de investigación.

Más info