Estamos probablemente ante a mellor e máis ambiciosa obra de cámara de F. Schubert, e seguramente a súa obra mestra. Pódese apreciar nela a predilección de Schubert polo violoncello, instrumento que adoraba polo seu lirismo e capacidade expresiva. E tamén se pode apreciar en nós o pracer de compartir a música con amigos de verdade, e por iso escollemos á nosa amiga Margarida Mariño para compartir esta impresionante obra.
Ficha artística
Marcos Escobar (violín), Elena Vázquez (violín), David López (viola), Alejandro Costas (violoncello) e Margarida Mariño (violoncello).


